Tras o encontro amigable que tivo lugar o 21 de abril no pavillón da Xunqueira de San Valentín, levarase a cabo o partido de volta o 5 de maio no pavillón polideportivo municipal de Ares. Ademais, o 20 de maio, a escola municipal ten programada unha xornada de portas abertas coa celebración dun partido entre pais/nais e fillos/as.
As sesións, organizadas polas concellarías de Deportes de Ares e Fene, teñen como obxectivo incentivar a participación activa en actividades deportivas e recreativas, e promover a convivencia e o compañeirismo entre a mocidade.
Os equipos mostraron un excelente rendemento nos partidos, e creouse un ambiente positivo e amigable entre todos os participantes!