Estes eventos musicais, que forman parte da súa xira por Cataluña e outras rexións de España, serán unha magnífica oportunidade para os amantes da música coral.
Cor l’Antàrtida, proxecto musical da escola de música L’Antàrtida, celebra este ano o seu 45 aniversario, deleitando ao público de todas as idades co seu talento e repertorio ecléctico. Composto por uns 30 membros, o coro ofrece actuacións que van dende pezas clásicas ata modernas, mantendo sempre a súa excelencia artística.
O primeiro concerto que ofrecerán no municipio terá lugar o vindeiro sábado, 1 de xullo, na igrexa parroquial, ás 20:30 horas.
O segundo concerto será o domingo, 2 de xullo, no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, a partir das 12:30 horas.
Ambos espazos proporcionarán un escenario perfecto para apreciar as voces e o talento desta afamada agrupación coral!