RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 14 de marzo do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE SEIS AUXILIARES DA POLICIA LOCAL.”

Publicado anuncio da Convocatoria no Diario de Ferrol en data 10/06/2023.

Aprobada a lista provisional de admitidos e excluidos por Decreto nº 377 de data 26/06/2023 .

Presentada documentación enmenda por parte do aspirante excluido D. César López Santiago, en tempo e forma.

Esta Alcaldía en uso das competencias conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, Regulador das Bases do Réxime Local na redacción dada pola lei 57/2003, de 16 de decembro, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

VEN EN RESOLVER:

Primeiro.- Aprobar conforme o establecido no punto 4.2 da Base 4ª, a listaxe definitiva de admitidos e excluidos, que é a que a continuación se transcribe:

Admitidos:

Apelidos e nome

DNI

FERRER CASAL, CARLOS 32697***-*
GAGO GALDO, ALEJANDRO 76416***-*
LÓPEZ SANTIAGO, CÉSAR 32694***-*
OTERO SESMONDE, ROBERTO 32682***-*
VILASÁNCHEZ RODRÍGUEZ, BORJA 32716***-*

 

Excluidos: ningún

Segundo.– Designar o Tribunal calificador do proceso selectivo, que estará formado do seguinte xeito:

  • Presidente: D. Jaime Alberto Dominguez Fernandez, Oficial Xefe da Policía Local do Concello de Ares.
  • Secretaria: Dna Mª Concepción Dragó Porta, funcionaria Concello de Ares
  • Vocais:
    • Javier Sánchez Romero.- Director Técnico Deportivo do Concello de Ares.
    • José Manuel Mayobre Seijas, funcionario Concello de Ares Dna Isabel Margharetto Rodríguez, funcionaria Concello de Ares

Terceiro.- Acordar ao abeiro da Base 4.2 designar o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio, sendo este, no salón de sesión do Concello de Ares, Avda Savedra Meneses nº 12, 1º andar, 15624, Ares, (A Coruña), o venres 7 de xullo ás 11:00 horas.

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares, á data da sinatura electrónica do presente do que eu Secretario dou fe.

 

O Alcalde.                                                                                            D.S.M. O Secretario

DECRETO en pdf