Ramón Casteleiro presenta unha Exposición de varios dos seus cadros na Casa da Xuventude

Comparte esta nota de prensa

O aresano Ramón Casteleiro, cirurxián ortopédico retirado que divide o seu tempo entre Madrid e a súa vila natal, descubriu o seu talento artístico pouco antes de xubilarse e desde entón converteuse nun destacado pintor ao óleo e escultor.

A exposición, titulada “Escolma de pintura dun tempo”, inaugúrase hoxe na Casa da Xuventude de Ares e estará aberta ao público ata o 30 de xullo. O horario de visita é pola mañá, de 9 a 14 horas.

A mostra está composta por diversas obras, destacando especialmente unha pintura da Presentación da Virxe creada para a Iglesia San José de Ares. Os visitantes tamén poderán admirar as reproducións que Casteleiro realizou de grandes clásicos como Velázquez e O Greco, cunha mirada satírica cara á España actual. Ademais, a exposición inclúe unha serie de retratos, todos eles parte da obra creada por Casteleiro no últimos dez anos.

Esta non é a primeira vez que o artista exhibe as súas obras neste espazo municipal. Anteriormente, púidose gozar da exposición “Unha Narración pictórica da nosa contorna”, con pinturas de paisaxes da zona, e máis recentemente, unha mostra centrada na súa obra escultórica baixo o título “Mitoloxías de Oriente e Occidente”.

Pódeche interesar