O segundo andar da Casa da Xuventude inaugura unha exposición de pintura na que toma protagonismo a artista local Francisca Mayobre.

Comparte esta nota de prensa

Baixo o título de “Mis Rincones Favoritos”, a mostra alberga unha colección de pinturas ao óleo que capturan diversos lugares e paisaxes significativas para a autora.

Francisca Mayobre, veciña de Cervás, é unha apaixonada e destacada afeccionada á pintura, que dedicou numerosos anos a cultivar o seu talento artístico. Ao longo da súa traxectoria no mundo da arte, foi distinguida co recoñecemento ao Mellor Pintor Local no XIV Concurso de Pintura Manuel Rebón pola súa obra “Bailarina”, peza que tamén se exhibirá nesta exposición.

Con este conxunto de pinturas poderemos mergullarnos na visión artística de Francisca Mayobre e contemplar a beleza dos seus recunchos favoritos plasmados en lenzos.

A mostra estará aberta ao público a partir de hoxe, venres 18 de agosto, e estenderase ata o vindeiro xoves 31. As horas de visita serán de 09:00 a 14:00 polas mañás e de 20:00 a 22:00 polas tardes.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de