A través desta iniciativa, tivemos o privilexio de presenciar a extraordinaria interpretación da Capella Sancta Maria, baixo a dirección do coruñés Enrique López-Cortón. Os asistentes gozaron dun concerto único, tiveron a oportunidade de explorar os recunchos do noso histórico cenobio e, sen requirir coñecementos musicais previos, mergulláronse na beleza das composicións medievais e renacentistas. Como colofón, todos uníronse para interpretar unha emotiva Cantiga de Santa María nun coro improvisado. Foi unha xornada completa!!!

Notas de prensa
Ares pechará o seu Ciclo de Cine de Verán coa proxección de “Rondallas”
A película poderá verse este xoves, 13 de agosto, ás 22:00 horas, no patio das Escolas do Lago (Rúa Real, 117), dentro da programación VeraneAres









