Ares sumarase unha vez máis á iniciativa de limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA

Comparte esta nota de prensa

A Agrupación Instrutiva de Caamouco únese á súa convocatoria coa colaboración do Concello para levar a cabo a limpeza da praia de Area Morta en Redes. O propósito desta acción é concienciar sobre o impacto do lixo no mar e as praias de Galicia.

A actividade está programada para o sábado 7 de outubro, e dará inicio ao redor das 11:00 horas. Se estás interesado/a en contribuír nesta duodécima edición, podes inscribirte chamando ao número 680161929. Lembra que a limpeza está aberta a todos os públicos!

Pódeche interesar