O venres pasado levouse a cabo a entrega de premios do certame de pintura Manuel Rebón nunha cerimonia que tivo lugar no CIRS de Cervás.

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, presidiu a cerimonia de entrega de premios do certame de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares. Durante o evento, a concelleira de Cultura participou na entrega dos galardóns do certame, que este ano celebraba a súa décimo sexta edición e que marcou o peche da exposición que se exhibiu no CIRS de Cervás, con todas as obras que se presentaron e que procedían de toda Galicia, e mesmo doutras rexións.

Nesta edición, o primeiro premio foi outorgado ao pintor valenciano Pascual Gimeno Montalar pola súa obra “A Pasarela”, que recibiu un premio de 1.400 euros. Así mesmo, na categoría de mellor pintor local, que contaba cun premio de 550 euros, o galardón foi concedido ao artista Antonio Seijas Cruz pola súa obra titulada “Man”.

Pódeche interesar