O Club Pulpeiros de Mugardos, coa colaboración dos Concellos de Ares e Mugardos, a través das súas respectivas áreas de Deportes, recupera e organiza de novo a ruta ciclotursita “Entre dúas rías”, que se celebrará o día 8 de outubro e cuxa participación deberá formalizarse mediante inscrición previa.
O número de prazas está limitado en 400 por razóns de seguridade e operatividade, A ruta estará coordinada polo Club do Mar Pulpeiros BTT, unha entidade federada pertencente á Federación Española de Ciclismo, que conta con monitores e con persoal titulado e cunha ampla experiencia na organización de probas deste tipo.
Segundo informan desde o Club Pulpeiros, as persoas que queiran participar poden apuntarse antes do 4 de outubro ás 23:59:59 horas a través da web da Federación de Ciclismo en: https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/24239
O importe da inscrición ascende a 17 € para os participantes federados, e de 27 € para os que non o están. En canto ás categorías, estableceuse unha ampla variedade para fomentar a participación na proba: Cicloturismo, Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite UCI, Élite Fem., Élite, Cadete Fem. e Cadete.
Ademais, na carreira, que comezará ás 9.00 horas no polideportivo municipal de Mugardos e rematará no mesmo lugar sobre as 14.00 horas, haberá avituallamento en varios puntos, e contará en todo momento co apoio das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ares e Mugardos, así como das respectivas Policías Locais.
A retirada de dorsais levarase a cabo a xornada previa, isto é, o sábado 7, desde as 16:00 hasta 20:00, e tamén o mesmo día da proba, o domingo 8, desde as 8:00 hasta as 8:45 horas.
Con este actividade, os Concellos de Ares e Mugardos pretender apoiar diferentes formas de realizar actividade física fóra do estrictamente convencional, e sempre no marco dos espazos naturais destes municipios, todos eles de grande beleza e diversidade, o que tamén axuda á promoción turística dos dous concellos.