Ao longo da semana pasada instalouse novo material e maquinaria na sala de usos múltiples anexa ao ximnasio.
As instalacións do pavillón deportivo, contan desde os inicios desta semana con nova maquinaria no seu ximnasio, tras a renovación acometida pola entidade municipal.
O Concello de Ares, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, adquiriu novo equipamento destinado a mellorar a instalación contigua ao ximnasio principal, situada no pavillón deportivo municipal. Esta sala de usos múltiples é utilizada principalmente para actividades dirixidas por grupos especiais, como o colectivo de maiores (envellecemento activo), grupos de actividade física e deporte para pacientes oncolóxicos de ambos os sexos, e grupos de adestramento funcional para a mocidade e preparación de oposicións, entre outros.
Esta actualización do equipo deportivo implicou a instalación dun novo revestimento no chan da sala, substituíndo o linóleo por un de escuma que reduce os impactos e permite realizar exercicios en diferentes posicións. Ademais, adquiriuse unha variedade de equipos, como bancos, pelotas lastradas, mancuernas, kettlebells, sacos lastrados, unha barra olímpica cos seus respectivos discos, TRX, e soportes para o almacenamento do equipo anterior. Tamén se incorporaron unha elíptica e un remoergómetro para mellorar a resistencia e facilitar a recuperación de persoas lesionadas. Todos estes elementos xa están dispoñibles para os usuarios da instalación municipal.
Aproveitando a implementación desta medida, Alma Barrón, concelleira de Deportes, destacou “a necesidade deste cambio para mellorar o servizo na sala”, xa que era unha das demandas dos usuarios. Así mesmo, resaltou o compromiso continuo de Ares coa mellora das instalacións deportivas, que proximamente incluirá unha renovación integral do pavillón, xunto con outras accións importantes que se planean levar a cabo noutros lugares, como a Cidade Deportiva de Pedrós.