Polo Concello de Ares prevese a obtención dos terreos necesarios para a execución dun espazo libre programado. A actuación encóntrase recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares (PXOM) aprobado con data de 5/2/2020 (DOG 14/2/2020 e publicada a normativa en BOP DO 4/11/2020).

A fin de obter os terreos necesarios para a implantación da dotación planificada no planeamento aprobado, prevese o inicio do oportuno expediente expropiatorio, por ser un dos sistemas previstos no artigo 129 da Lei 2/2016 de 10 de febreiro, do Solo de Galicia (LSG).

Neste senso, a aprobación do planeamento contendo a aprobación detallada habilita para a súa execución, e a consecuente expropiación por parte do Concello.

PROYECTO BÁSICO Y DE EJECUCIÓN DE URBANIZACIÓN DE PLAZA PÚBLICA en pdf

SEPARATA DE EXPROPIACIÓN ARES OBTENCIÓN DE ESPAZO LIBRE EN SOLO URBANO en pdf