O venres pasado, o salón de actos da Alianza Aresana encheuse para ollar de maneira distinta a dor e a enfermidade!

Comparte esta nota de prensa

Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas, impartiu a charla “Maiores e Dor” e afondou nunha máxima fundamental: “A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional”.

A ponencia enmárcase dentro da Academia AresXSalud, unha iniciativa para achegar coñecemento á veciñanza en base á colaboración entre o Concello e a clínica maSSalud. De feito, este jueves, 15 de febreiro, ás 19:00 horas, a biblioteca municipal acollerá unha nova charla desta programación divulgativa: Xubilación, e agora que?

Ares, comprometido coa saúde das crianzas, dos maiores e do impacto positivo do deporte nas nosas vidas!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de