Onte a Casa da Xuventude do municipio acolleu a inauguración do programa Rural TIC, un conxunto de obradoiros promovidos polo Concello totalmente de balde para axudar a que a veciñanza e o tecido empresarial aresán aprendan a manexarse na Internet.
A vila acollerá ao longo deste martes, mércores e xoves, de 17:30 a 19:00 h., múltiples formacións para coñecer o que é a carpeta cidadán, manexar banca electrónica ou expedir un certificado dixital. A próxima semana chegarán módulos para construír a web dun negocio ou mellorar o posicionamento dixital dunha peme.
A concelleira de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs), Olimpia Marcos, inaugurou onte os obradoiros inscritos no programa Rural TIC Ares, unha ampla oferta de cursos que desenvolve o Concello da man do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Trátanse de formacións destinadas tanto a veciñanza coma tecido comercial que desexan axudar a romper a brecha tecnolóxica existente na sociedade, divulgando boas pautas de manexo na rede e ferramentas moi útiles no día a día.
Así, durante as tardes de onte, hoxe e mañá, de 17:30 a 19:00 h, a Casa da Xuventude acollerá obradoiros impartidos por docentes voluntarias de INECO para toda aquela persoa interesada en gañar autonomía dentro da Internet ou aprender cuestións pragmáticas como a expedición do certificado dixital, para que serve a carpeta cidadán ou mesmo como programar unha viaxe de ocio e tempo libre, alugando a estancia, mercando os voos… As formacións son de balde e aínda é posible que a veciñanza se sume a elas.
O programa tamén involucra á comunidade educativa do CPI As Mirandas, ao organizarse dous obradoiros específicos co estudantado de 1º e 2º da ESO centrado na seguridade en Internet e a importancia de supervisar a información que se comparte a través de redes sociais e que logo fica dispoñible no eido dixital.
A PRÓXIMA SEMANA, PROGRAMACIÓN PARA O TECIDO COMERCIAL
A oferta de Rural TIC Ares continuará até o venres, 26 de abril, mais adaptando os seus contidos ás necesidades xerais dunha pequena ou mediana empresa que precise dixitalizarse e non saiba por onde comezar.
O martes, 23 de abril, e o mércores, 24, de 19:30 a 21:00 h., o equipo docente de Rural TIC divulgará como construír un sitio web ou tenda propio, amais de como mellorar a presenza dixital da empresa e que aplicacións ten ao alcance para organizarse de forma máis eficiente no día a día. E, xa na xornada do xoves, 25 de abril, adicaranse á resolución de preguntas e atención personalizada aos emprendedores que o desexen, na mesma franxa horaria.
VENTÁS DE INFORMACIÓN: OPORTUNIDADES PARA RESOLVER DÚBIDAS
Paralelamente ós cursos de tarde, realizaranse múltiples ventás de información na mesma Casa da Xuventude: espazos que serven para interactuar individualmente coas docentes de Rural TIC e resolver calqueira dúbida que poida xurdir en materia de tecnoloxía dixital ou vencellados cos contidos dos obradoiros impartidos.
Desta forma, durante as mañás de mañá, xoves, 18; martes, 23; mércores, 24 e xoves, 25 de abril, calqueira persoa que o desexe poderá acudir entre as 10:00 ás 11:00 h. para formular as dúbidas. O venres, 26, ampliarase o horario destas ventás de información de 9:00 a 14:00 h., e pecharase a programación de Rural TIC Ares.