A programación da Concellaría de Deportes de sendeirismo municipal, o SendAres, achegouse esta fin de semana á contorna asturiana para explorar o seu incrible patrimonio natural.
A paisaxe despregouse ante os vinte sendeiristas que se sumaron a esta última iniciativa, un itinerario dividido en dous días, entre o sábado, 15, e o domingo, 16 de xuño, e que permitiu camiñar entre a montaña e o litoral, con impresionantes vistas dende ambos eidos.
Así, a Serra do Sueve e a senda costeira de Queiruas-Canero foron os espazos protagonistas da saída, uns ítems naturais de gran valor e dunha beleza que se pode apreciar nas imaxes que vos deixamos aquí embaixo.