A sétima edición da Noite Branca Solidaria converteu o paseo marítimo aresán en espazo de baile, de música e de postres, mais sobre todo de solidariedade para apoiar a Cáritas de Ares.
De novo, a Asociación Ares Solidario, en colaboración co Concello, organizou este evento no que houbo demostracións de danza e masterclass de Bailes Latinos Ferroterra e da Escola de Baile Upa Dance, todo amenizado por Os Pimos e a súa discomóvil.
E todo por unha boa causa!
Fotografías: Jorge Martínez e Juan Martínez.