Segundo informan dende a área de Deportes municipal, e tendo en conta o excedente de prazas reservadas até hoxe mesmo, o Concello habilitará o propio día da Travesía a Nado, sábado, 20 de xullo, 28 prazas que se cubrirán presencialmente na mesa de dorsais.

Estas inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada á mesa instalada na rampla grande baixo o horario de 16:00 h. a 17:00 horas, sendo necesario depositar no momento os 3 euros en efectivo que require a reserva.

Aproveita a oportunidade e súmate á proba deportiva!