Ares contará coa súa propia Tenda de aluguer efémero de vestimenta indiana

Comparte esta nota de prensa

Dende o luns, 12, até o xoves, 17 de agosto, poderás botar unha ollada ao catálogo que propón Chimpos, a empresa recoñecida pola súa especialización en vestiario histórico, na súa Tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana sita na Avda. Saavedra Meneses, número 16!

Poderás atopar roupa e complementos de época para caracterizarte durante a celebración do Ares Indiano tanto de home coma muller, e mesmo para nenos e nenas: vestidos completos, accesorios soltos, chapeus… unha oferta para que non haxa necesidade de comprar ou confeccionar a indumentaria indiana se non é posible.

Dende as 11:30 h. a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h. (agás o día 15 de agosto, que non haberá servizo de tarde), achégate até a tenda, onde tamén poderás recibir asesoramento para elixir a combinación do conxunto. Posteriormente, as pezas alugadas devolveranse ao longo da xornada do luns, 19 de agosto.

Pódeche interesar