Declarada Festa de Interese Turístico Nacional, o San Froilán de Lugo é xa unha das celebracións máis populares do outono. E podes desfrutar dela se te sumas á viaxe que propón o Concello durante a xornada do venres, 11 de outubro, onde se habilitará un autobús dende Ares baixo un prezo de 12 euros ida e volta.
Un mercado con artesanía, boa gastronomía, atraccións de feira, espectáculos na rúa, charangas… a cidade lucense énchese e permite que cadaquén atope a súa actividade! Se estás interesado/a en sumarte, lembra que podes inscribirte ata o 30 de setembro de xeito presencial no Departamento de Servizos Sociais de Ares, no seu horario cotián de apertura. O prezo do transporte abonarase no mesmo momento da reserva.
HORARIOS APROXIMADOS DO AUTOBÚS
Durante a xornada do 11 de outubro
Saída dende Ares, Porta do Sol – 10:00 horas
Saída dende Lugo – 21:00 horas aproximadamente