O evento deportivo, que xa se realizaba anos atrás no municipio aresá a través dun club de xadrez local, recupera o seu espíritu organizativo e recalará no Casino de Ares ao longo do domingo, 13 de outubro. Precisará de inscrición previa vía e-mail ou telefónica para participar nalgunha das sesións de tarde ou de mañá.

O prezo xeral de inscrición é de 5 euros, mais os empadroados/as en Ares poderán concorrer totalmente de balde previa acreditación.

O torneo desembarcará en Ares en tres quendas de mañá e de tarde: ás 11:00 h.12:00 h. e 13:00 h., e logo retomará a actividade ás 16:00 h., ás 17:00 h. e ás 18:00 h.

ritmo de xogo será de 20 minutos para cada deportista, na procura de partidas que resulten vistosas e dinámicas para os participantes, pero tamén para espectadores acompañantes, baixo unha modalidade denominada como ‘suíza’, onde se hibrida un sistema de liga e copa e se favorece, no caso dos desempates, ás persoas con adversarios máis fortes atendendo á clasificación xeral.

As inscricións xa están abertas, habilitándose dous xeitos para reservar praza: ben por correo electrónico, contactando con xoanrei@gmail.com, ben por teléfono no 655 796 421, até o mesmo 13 de outubro ás 10:30 h.

 

Regulamento do torneo: 2024-VIII Torneo de Xadrez Concello de Ares