Ares despide o Festival Internacional de Entes Animados con aforo completo

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza aresá amosou o seu interese polos títeres enchendo o salón de actos da Alianza Aresana! O portugués Rui Sousa chegou cos seus monicreques para representar ‘Sem pés nem cabeça’ o venres pasado, no marco do VI Festival Internacional de Entes Animados (FESTEA)  que se estaba a celebrar en toda a comarca.

Con Sousa e a súa expresión de narracións populares de Portugal pechouse o ciclo do festival en Ares, que contou tamén coa intervención do actor-marionetista Nuno Correia Pinto no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro na súa primeira sesión, descentralizando así a grella de actuacións de títeres.

Deste xeito, a través do esforzo colectivo das 8 administración locais involucradas (sumándose á nosa localidade Cabanas, Fene, Ferrol, Narón, Miño, Neda e Valdoviño), o VII FESTEA dinamizou centros cívicos sociais do rural, espazos culturais e colexios con preto de 20 espectáculos teatrais protagonizados por compañías de España, Portugal, Brasil ou Inglaterra.

Pódeche interesar