O XVI Open Dominó de Ares chega á vila o vindeiro sábado, 16 de novembro

Comparte esta nota de prensa

O evento, que aglutina ano tras ano a xogadores das catro provincias galegas, celebrarase no Casino Aresano tanto en horario matinal como de tarde, cun parón para xantar.

As inscricións xa están abertas vía telefónica contactando co 617 224 820 ou no 634 256 632 cun prezo de 40 euros, incluída a comida.

O club aresán ADR Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello na coordinación e xestión loxística, veñen de presentar o XVI Open Dominó de Ares, un evento que ano tras ano aglutina no Casino Aresano aos mellores xogadores deste deporte chegados dende toda Galicia.

A competición organizarase este mesmo sábado, 16 de novembro, a partir das 10:15 h. divididos tanto en horario de mañá como de tarde,  cun breve parón para a comida, finalizando preto das 18:40 h. Haberá dúas modalidades de xogo, cadanseu co seu premio en metálico: por equipos (mínimo de catro parellas e máximo de sete) e por parellas.

A organización contempla galardóns para os tres primeiros clasificados de cada modalidade e, no caso dos equipos, tamén para o cuarto, quinto e sétimo postos, ademais de trofeos conmemorativos dos resultados acadados na xornada.

No tocante ás inscricións, xa se atopan abertas vía telefónica até 15 minutos antes do comezo da proba o propio día 16 de novembro. Para ampliar información e inscribirse, é posible contactar no 617 224 820 ou no 634 256 632. A inscrición ten un custe de 40 euros por xogador, incluíndo o xantar nesa contía.

 

Pódeche interesar