O Concello Ares finaliza a intervención “PROXECTO DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO PARQUE DE ROSALÍA PARA POTENCIAR UN TURISMO COMPETITIVO” cun orzamento que ascende a 49.691,51 € (IVE Engadido) e financiada co Procedemento: Subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G).

A financiación outorgada por Turismo de Galicia ascende ao 90% do orzamento subvencionable da actuación presentada, chegando a subvención proposta a esta Entidade ao importe de 44.722,36 €, e recibida ao abeiro da Resolución do 26 de decembro de 2023 do director de Turismo de Galicia establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU503G) (DOG núm. 25, do 5 de febreiro de 2024).

O proxecto plantexado por esta entidade “PROXECTO DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO PARQUE DE ROSALÍA PARA POTENCIAR UN TURISMO COMPETITIVO encadrase na Liña 3: Transición accesible e inclusiva para un turismo máis competitivo, e que conta coa documentación esixida nas bases da convocatoria.

Se proponse unha actuación para a mellora da accesibilidade do parque Rosalía de Castro contorna á caseta de turismo, do equipamento do café-bar estival que dá servizo á praia de Ou Xuncal e ao concorrido paseo ao bordo do litoral, todo iso vías públicas vinculadas á praia e ao paseo marítimo.

A intervención consistirá na formación dos camiños que actualmente dispoñen de pavimento de grava miúda sobre o terreo natural e que supoñen unha barreira arquitectónica para persoas con mobilidade reducida e dispoñer un pavimento de terra cemento como o resto das sendas do parque.