A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, en colaboración co Concello, promoveu onte un concerto solidario no salón de actos da Alianza Aresana.
A veciñanza puido achegarse a seis novas cancións do noso veciño Geno Fernández, que se prestou para a ocasión coa súa voz e melodías nun acto musical de balde, pero no que houbo a posibilidade de deixar un donativo para apoiar a loita contra o cancro.
Música e solidaridade, da man por unha boa causa!