A Concellaría de Cultura vén de anunciar a data de celebración do Festival de Panxoliñas, un evento que camiña cara a súa décimo terceira edición para reafirmar o seu carácter tradicional na vila nestas datas de Nadal.
Así, o 22 de decembro a partir das 18:00 horas a Igrexa de San Xosé de Ares converterase nun escenario musical moi particular polo que pasarán o coro parroquial, a banda da Asociación Cultural Xábrega, a Rondalla Trovadores de Ares e o grupo veciñal de Son de Troula.
Coas súas melodías, Ares volverá a reafirmar a súa riqueza musical e cultural con pezas populares, enfatizando ademais a importancia das obras corais nas cancións tradicionais navideñas.