A Igrexa de San Xosé de Ares acolleu un ano máis o tradicional festival de Panxoliñas, no que a música coral e navideña cobra especial relevancia.
Este mesmo domingo a veciñanza gozou das composicións da banda da Asociación Cultural Xábrega, o coro parroquial, a Rondalla Trovadores de Ares e o grupo veciñal Son de Troula. Unha xornada onde a música non deixou de soar!
Ao acto acudiron a concelleira de Cultura, Alma Barron, e a edila de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, en representación institucional.