A vila despide o MercAres 2024-2025

Comparte esta nota de prensa

Esta semana remata a quinta campaña de consumo de proximidade que promoveu a Concellaría de Comercio, o MercAres, no termo municipal.

A localidade despedirá a iniciativa o vindeiro venres, 31 de xaneiro, último día para probar sorte rascando nalgún dos 281 vales distribuídos polos máis de 90 establecementos que se animaron a participar nesta edición.

E así se pon punto e final a unha campaña que repartiu entre a veciñanza 5.000 euros en premios, incluído un primeiro galardón por valor de 500 euros. Unha forma de axudar a consolidar en Ares novas formas de consumo máis solidarias e circulares, impulsando ao comercio local que tanto contribúe á calidade de vida aresá.

Dende o Concello estenden o seu agradecemento ós locais participantes, dende hostalería e perruquerías ata negocios de alimentación, servizos ou comercio de subministros básicos, e á veciñanza por sumarse un ano máis ao MercAres!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A vila despide o MercAres 2024-2025

Esta semana remata a quinta campaña de consumo de proximidade que promoveu a Concellaría de Comercio, o MercAres, no termo municipal. A localidade despedirá a