Na xornada de onte, 24 de febrero, realizouse na Alianza Aresana o concerto de María Faltri cunha interpretación da obra “Os Cantares Galegos”, unha adaptación que forma parte da celebración de Día de Rosalía en Ares.
O espectáculo abarcou algunhas das poesías de Rosalía de Castro, a gran renovadora da literatura galega e unha das impulsoras do Rexurdimento. María Faltri desembarcou no salón de actos da Alianza coa súa pandeireta, guitarra e voz para animar a veciñanza aresá. A artista construíu unha actuación moderna mesturando melodías e mesmo atrevéndose a recitar a modo de rap.
A iniciativa musical enmarcouse dentro da programación de Concellería de Cultura polo Día de Rosalía, que tamén tivo unha xornada destinada á rapazada coa confección dunha ‘Mariquiña Rosaliana’ na biblioteca municipal de Ares.
Unha data que, insiste a Concellería, Alma Barrón, procura “fomentar que o público aresán empregue a lingua de Rosalía”, máis sabendo que o único galego malo é, precisamente o que non se fala.