Ares reafirmou unha vez máis o seu compromiso coa igualdade de xénero este pasado sábado!

Comparte esta nota de prensa

Nin o mal tempo conseguiu deter á veciñanza, que participou activamente nas dúas andainas do evento “Camiña pola Igualdade”. Esta iniciativa, organizada polo Concello, simboliza non só o camiño xa percorrido, senón tamén todo o que aínda queda por andar para erradicar calquera forma de discriminación e violencia de xénero.

As dúas rutas, de diferente lonxitude, finalizaron na Praza da Constitución, onde representantes da corporación municipal, entre elas a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, deron lectura ao Manifesto polo 8M

Durante a lectura, destacouse a importancia da igualdade entre homes e mulleres como un “dos maiores desafíos en materia de dereitos humanos” da actualidade, así como a urxente necesidade de traballar de maneira colectiva para construír un futuro máis xusto e equitativo para todas as persoas, sen importar o seu xénero.

O manifesto concluíu cunha chamada á acción, subliñando a importancia da unidade nesta loita

Pódeche interesar