O pasado domingo, 9 de marzo, celebrouse no Casino Aresano a presentación oficial de Teresa Rodríguez Rañales como madriña da Rondalla Trovadores de Ares para o ano 2025. O evento contou coa presenza de membros da agrupación, amigos, veciños e autoridades locais, entre elas o alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo.
A xornada estivo marcada pola solemnidade e a ledicia, cun acto cheo de emoción no que a Rondalla interpretou un repertorio especial.