V Concurso de Microrrelatos – Día del Libro Abril 2025

Comparte este evento

Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o V Concurso de escritura creativa de Microrrelatos.

A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade. O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partires dunha das seguintes frases propostas.

A frase que elixades será o comezo do microrrelato

FRASES

  • Castelao chegou a Ares da man de…
  • No fondo da fraga seguía soando unha voz…
  • Cando soou a última nota da muiñeira, … As guedellas da rapaza chegaban a…
  • Non era o vento o que facía soar…

BASES

O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras. Deberá levar obrigatoriamente un título.

O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases.

O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.

Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI Mirandas.

Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria pero si participar.

CATEGORÍAS

Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º) Categoría B: alumnado de ESO

FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS:

Envío por email aos correos: tesmoitalingua@gmail.com  ou  cultura@concellodeares.com Entrega no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura. Prazos de entrega: dende o 1 de abril ao 23 de abril, ambos incluídos (hora límite: 19:30 h) Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote del libros). O xurado estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellería de Cultura.

O acto de entrega de premios celebrarase o martes 30 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana

BASES EN PDF: V CONCURSO DE MICRORRELATOS-DÍA DO LIBRO. ABRIL 2025

Susbcríbete a máis Eventos

Envíanos o teu correo e manterémoste informado

Pódeche interesar...

Eventos

MAGOSTO DE SAMAÍN 2025

📅 9 de noviembre🕔 17:00 h📍 En la Plaza de la Constitución (En caso de lluvia, en la pista cubierta del C.P.I. As Mirandas) ✨

Eventos

SAMAÍN EN LA BIBLIOTECA 2025

Una Biblioteca de Miedo Grupo 1: Niños de 7 a 12 añosMartes, 4 de noviembre a las 19:00 h. Grupo 2: Niños de 3 a