As aresáns Nayla Ferreiro e Cristina Gamallo acadan novos éxitos nas súas disciplinas

Comparte esta nota de prensa

Chega o mes de maio e con el tamén alegrías no tocante ós percorridos das nosas veciñas Nayla Ferreiro Rodríguez e Cristina Permuy Gamallo, as dúas premiadas dentro das súas disciplinas no eido deportivo e artístico.

Nayla acadou recentemente o Primeiro Premio no Concurso de Espectáculos Ecuestres do Concello de Miranda de Ebro, constatando así o seu traballo e esforzo dos últimos tempos nesta merecida recompensa en terras de Castela e León.

E Cristina viaxou até Santander para presentar o seu traballo ‘Quehaceres’, un conxunto de deseños de indumentarias que toman como base a casa da avoa con todas as súas texturas, motivos florais e bordados, na pasarela de Moda Norte 2025, recibindo por parte do xurado o galardón de Mellor Colección, ex aequo coa vitoriana Eva Gómez.

Unhas boas novas que levan o nome de Ares por todo o territorio nacional. Parabéns!

Pódeche interesar