Que se pode depositar cada terceiro mércores de mes nos puntos de recollida de residuos voluminosos? Como facelo correctamente para axudar á súa xestión e reciclaxe? Para responder a estas dúbidas e contribuír ao correcto depósito de voluminosos en Ares, o Concello difunde unha breve guía que axuda a entender as diferentes tipoloxías que se poden colocar ao carón dos colectores.
Bota unha ollada con calma e infórmate!
QUE SON OS RESIDUOS VOLUMINOSOS?
Aqueles que, polas súas dimensións ou características especiais, non poden xestionarse como o resto de residuos domésticos.
Existen tres grandes tipoloxías:
- Mobles e enseres: mesas, cadeiras, armarios, colchóns, alfombras…
- Aparatos eléctricos ou electrónicos: frigoríficos, lavadoras, secadores, televisores…
- Chatarra: somieres, elementos metálicos, ferramentas manuais…
COMO DEPOSITALOS?
- Prepara os residuos, asegúrate de que estean limpos e en condicións óptimas de recollida
- Colócaos ao carón do colector, pero lembra que ten que ser o terceiro mércores de cada mes.
- Coida a contorna, axudando a previr riscos na saúde e no medioambiente e facilitando a limpeza.
QUE NON SON RESIDUOS VOLUMINOSOS?
Materiais como os escombros, a uralita, os neumáticos, as pinturas, os restos de poda, aceites e residuos de vehículos, entre outros, NON son voluminosos, e polo tanto non se poden depositar nos colectores.
Para a xestión desta tipoloxía de residuos, lembra que todo residente en Ares ten á súa disposición o Punto Limpo de Vilar do Colo, compartido con Fene e Cabanas, amais do punto limpo móbil do Concello de Ares para o depósito de aceites.
GUÍA DE DEPÓSITO DE RESIDUOS VOLUMINOSOS EN PDF