A Igrexa de San Xosé de Ares será escenario da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

Comparte esta nota de prensa

O municipio aresán recibirá o vindeiro domingo, 29 de xuño, aos preto de 80 mozos e mozas que integran a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia. O grupo achegarase á Igrexa de San Xosé de Ares ás 20:00 h. para pechar a súa tempada 24-25 cun concerto programado pola Concellaría de Cultura para o desfrute da veciñanza.

A Orquestra Infantil interpretará un abano de composicións dende o tradicional da música clásica, con melodías de Georg Friedrich Haendel ou Franz Joseph Haydn, a adaptacións de temas moi recoñecibles como Piratas do Caribe (The Medallion Calls) ou Viva la Vida, de Coldplay.

Así, a veciñanza de Ares poderá gozar do talento destes rapaces e rapazas de 6 a 15 anos que fundamentan o futuro da Sinfónica de Galicia, a entidade musical creada en 1992 na Coruña, con sede no seu Palacio da Ópera, e que presenta unha das agrupacións de maior proxección en España no eido das orquestas sinfónicas.

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Rosalía de Castro rexorde en Ares!

Ao longo da semana pasada, o municipio mergullouse na conmemoración dunha das figuras esenciais da literatura galega coa celebración do Día de Rosalía 2026, a