Ares súmase á conmemoración do Día da Diversidade Sexual

Comparte esta nota de prensa

Nestes últimos días ondea na fachada do Consistorio da vila a bandeira do colectivo LGTBI+, e é este un xesto de apoio ó 28X, o Día da Diversidade Sexual que se celebra mañá, sábado 28 de xuño. A xornada actúa coma reivindicación da igualdade e os dereitos de todas as persoas, independientemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

De feito, o Concello, a través do seu CIM municipal, adheriuse á campaña da Deputación da Coruña “LIBERDADE DE SER E SENTIR”, que ten como obxectivo sensibilizar no aumento da tolerancia e a celebración da diversidade dentro da nosa sociedade.

Entre as principais demandas que contempla a campaña, reivindícase o dereito a uns servizos públicos que recoñezan e atendan a diversidade afectivo sexual e de xénero, así como unha aposta das institucións da provincia, dende concellos ata Deputación, pola loita contra os discursos de odio e a igualdade efectiva, visibilizando o colectivo LGTBI+ no maior número de espazos posibles.

Por unha sociedade onde todas as identidades teñan cabida, recoñecemento e protección, libre de odio e de medo.

MANIFESTO EN PDF: 2025-Deputacion da Coruña-manifesto-ser-e-sentir

WEB LIBERDADE DE SER E SENTIR: https://seresentir.gal/

Pódeche interesar