XXVIII TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES 2025

Comparte este evento

INSCRICIÓNS: https://forms.gle/vkTEG6mnzF7qfZtHA

REGULAMENTO

DATA: 19 XULLO 2025

HORA E LUGAR: 17:30 HORAS, NA RAMPLA GRANDE DE ARES

Categorías Masculino e Feminino

  • Popular: Tódalas idades (distancia100mts)
  • A:2014 e posteriores,1960 e anteriores(distancia400mts)
  • B:2012 e 2013 (distancia1000mts)
  • C:2010 e 2011 “
  • D:2008 e 2009 “
  • E:2006 e 2007 “
  • F:2005 a 1991 “
  • G:1990 a 1976 “
  • H:1975 a 1961 “

Inscricións en www.concellodeares.gal, do 26 de xuño ao 15 de xullo. Límite de 150 participantes (no caso de que unha vez rematado o prazo de inscrición quedaran prazas libres, adxudicaranse na mesma Rampa Grande  de Ares o día da proba entre as 16 e as 17h por orde de chegada ata un máximo de 25 dorsais).

Prezo 3 € (agás a categoría popular que será de balde).

Permítese o uso de traxe de neopreno.

Haberá unha zona de recuperación/avituallamento tras cruzar a liña de meta que terá bebida quente e fría, así como froita.

PREMIOS:

Agasallo dun gorro de natación por participante. Trofeos para os gañadores absolutos da travesía (masculino e feminino) e tamén para o nadad@r máis xoven e o nadad@r máis veterán. Medallas aos tres primeir@s clasificad@s en cada categoría, tanto en masculinos como en femininos. Na categoría popular, ao non ter podium, haberá medallas para todos os participantes.

ORGANIZA: CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE ARES

COLABORA: Agrupación de Protección Civíl de Ares, SERVIOCIO BE ONE, Club Náutico de Ares, Club Natación Ferrol, Supermercados FROIZ.

Pódeche interesar...

Eventos

Voto de Chanteiro de 2026

Martes, 26 de maio 10:00 horas: Saída de autobús de Franza, pasando por A Pedreira, Academia Mugardos e Chanteiro. 10:45 horas: Saída de autobús por

Eventos

5ª Edición DegustAres 2026

Volve a cita gastronómica máis agardada a Ares! Desfruta da mellor cociña en miniatura coa quinta edición da nosa ruta dos pinchos. Datas e Calendario