Xornada sobre violencia de xénero 2026

Comparte este evento

O Concello de Ares organiza este mes de decembro unha xornada de reflexión, formación e sensibilización aberta á participación, centrada na resposta ante as violencias machistas e o traballo en igualdade.

Xoves, 3 de decembro | 9:30 horas na Alianza Aresana

Inscrición gratuíta no QR ou pulsa aquí para inscrición á xornada

Organiza / Colabora: Concello de Ares · Xunta de Galicia — Consellería de Política Social e Igualdade

Programación da xornada

  • 09:30 — Recepción de participantes

  • 09:45 — Acto inaugural

    • D. Julio Iglesias Redondo — Alcalde-Presidente do Concello de Ares

    • Dna. Maria Victoria Montenegro Paz — Concelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Ares

    • Dna. Manuela Vilaboy — Presentadora e moderadora. Xefa da unidade contra a violencia sobre a muller. Subdelegación do Goberno da Coruña

  • 10:00 a 11:30 — Resistir na oscuridade. Dignidade e sentido nas respostas á violencia.

    • D. Javier Aznar — Psicólogo clínico, psicoterapeuta, formador e supervisor clínico e institucional

  • 11:30 a 12:00 — Pausa café

  • 12:00 a 13:15 — Traballar en igualdade en tempos de reacción patriarcal

    • Dna. Priscila Retamozo Ramos — Politóloga, Mestrado en Igualdade e Xénero, Cofundadora de PRISMA Igualdade e activista feminista. Coordinadora do “Comando Igualdade”

  • 13:15 a 14:30 — As unidades da avaliación forense integral ante as violencias contra as mulleres: a proba pericial

    • Dna. Berta Rodríguez — Médica forense encargada da violencia de xénero da subdirección de IMELGA

  • 14:30 a 16:00 — Descanso

  • 16:00 a 17:30 — Mesa experiencias e boas prácticas “Escoitando as súas Voces”: intervención con mulleres supervivintes.

    • Dna. Montse Fajardo (“INVISIBLES”) — Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración. Adicada ao xornalismo, especializándose en memoria histórica e feminismo

    • Dna. Beatriz López (ARABÍAS – “Cara B das violencias machistas”) — Licenciada en CC Políticas e investigadora predoutoral especializada en políticas públicas contra as violencias machistas

    • Dna. Noelia Darriba (ARABÍAS – “Cara B das violencias machistas”) — Educadora Social, facilitadora da Terapia de Reencontro e integrante da cooperativa AtalaiAS

    • Dna. Paula Sánchez (“Fiadeiras: un espazo terapéutico no que tecer xuntas a recuperación tras a violencia”) — Psicóloga sanitaria especializada en violencias machistas

  • 17:30 a 18:45 — A violencia vicaria: protección das NNA fronte á violencia de xénero

    • Dna. María Belén Rubido — Maxistrada da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, especializada en violencia de xénero

  • 18:45 — Aberto a todo o público — Conferencia musical: “Amor, control e violencia: o que din as cancións”

    • Voz: Emma Placer Noriega — Psicóloga divulgadora

    • Piano: Sergio Gramary — Pianista

DIPTICO XORNADAS en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Xornada sobre violencia de xénero 2026

O Concello de Ares organiza este mes de decembro unha xornada de reflexión, formación e sensibilización aberta á participación, centrada na resposta ante as violencias

Eventos

Concerto Día do Músico 2026

Data: Sábado, 21 de novembro de 2026 Hora: 17:30 h Lugar: Casino Aresano (Ares) Actuacións: Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo). Rondalla de Cariño. Coro