Ares vive un ano máis o seu XIV Mercadillo Veciñal

Comparte esta nota de prensa

A pesar da choiva que caeu por momentos durante a xornada, e acompañados dunha néboa matutina, o municipio puido desfrutar onte da decimocuarta edición do seu Mercadillo Veciñal, incluíndo case 120 postos de particulares, tecido asociativo local e profesionais, instalados todos eles no paseo marítimo de Ares.

Veciñanza e visitantes percorreron o Mercadillo dende pola mañá para botar unha ollada á ampla variedade de obxectos de segunda man e artesanías que se sacaron á rúa, dinamizando así a localidade.

Vaixelas antigas, libros, xoguetes, roupa, prantas, tecidos, utensilios domésticos, algún disco de vinilo… e unhas cantas xoias artesáns feitas en Galicia a prezos populares!

 

FOTOGRAFÍAS: Concello de Ares e María del Carmen Ildefonso.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de