Segunda edición da Festa do Arroz con Garrafón

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares e a Comisión de Festas de Cervás veñen de desvelar conxuntamente o cartel da nova edición da Festa do Arroz con Garrafón, un evento gastronómico e popular que naceu o verán pasado e volverá tamén neste período estival.

As dúas entidades involucradas na súa organización presentaron esta iniciativa que se organizará o venres, 25 de xullo, no Parque Rosalía de Castro, dende as 13:00 horas.

Con todo, alí estará tamén o especialista paelleiro José Aira para servir preto de 500 racións dunha receita singular: o arroz cocinado con polo, langostinos, mexilón, pota e un tipo de faba moi concreta, o garrafón.  Son, todos eles, ingredientes que aluden á frase do coñecido veciño aresán Ramón Rey, falecido en 1982: “por terra, mar e aire, e por debaixo do auga…”.

A ración terá un prezo de 10 euros, incluíndo pan e auga ou viño.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación