O Concello de Ares informa que se amplía o prazo de inscrición para participar na XXXIII Milla Urbana Concello de Ares ata as 23:59 horas deste luns, 4 de agosto.

A proba, que se celebrará nas rúas da vila, está incluída no XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e conta coa condición de proba oficial da Federación Galega de Atletismo.

O proceso de inscrición xa está dispoñible vía telemática a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, onde as persoas interesadas poden formalizar a súa participación de maneira rápida e sinxela.