Durante os últimos días, a concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, visitou e entregou ós veciños e veciñas da localidade máis da metade dos composteiros solicitados e que se habilitaron nesta nova campaña municipal de Compostaxe Doméstica.
A infraestrutura autoxestión de residuos orgánicos medra así progresivamente, como xa o fixo en anteriores campañas semellantes á actual, e permite ó tecido veciñal incorporar un proceso de compostaxe de xeito eficiente e óptimo, beneficiándose das súas vantaxes sociais, ambientais e económicas.
Con todo, dende a Concellaría de Medioambiente salientan que aínda é posible formalizar a reserva de composteiros cunha capacidade de 400 litros dende dúas vías: ben contactando co teléfono 981 468 102, ben cubrindo a solicitude telemática na seguinte ligazón: SOLICITUDE DE RESERVA COMPOSTEIROS