O Concello vén de informar dos cambios que se producirán na contorna da Reitoral de Ares, no núcleo urbano da vila, por mor do inminente inicio da intervención que incorporará un equipo de bombeo de augas pluviais nas súas inmediacións, fundamental para evitar as inundacións na área de estacionamento.
Así, a partir do vindeiro luns, 22 de setembro, o aparcamento anexo ó edificio da Reitoral pecharase durante toda a semana, e tamén haberá cortes de circulación e restriccións de aparcamento na zona de Correos Ares (Av. Mugardos número 31 – Rúa Reitoral) dende o 29 de setembro ata a finalización dos traballos.
A circulación e estacionamento restableceranse o máis pronto posible, segundo a evolución da obra para a instalación do equipo de bombeo.