Concentración en Ares en solidariedade coa Flotilla da Liberdade

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares súmase ás mobilizacións internacionais tras o asalto á Global Sumud Flotilla, que tiña como obxectivo romper o bloqueo e levar axuda humanitaria a Gaza.

Baixo o lema “¡Todos a la calle!”, convócase á cidadanía a participar nunha concentración hoxe diante do Concello de Ares, ás 19:00 horas.

Esta mobilización enmárcase na campaña internacional impulsada por Global Sumud Flotilla e Global Movement to Gaza, que chama a organizar accións en cidades, barrios e centros de traballo de todo o mundo, á que o Concello decidiu sumarse, amosando así o seu apoio a este chamamento.

Pódeche interesar