Este sábado, a veciñanza viaxou ata Santiago de Compostela para desfrutar de “A serie Clopen”, unha comedia trepidante dirixida por Pablo Reboleiro que combina humor, danza e un estilo circense para afondar nas grandes problemáticas da mocidade a través da historia de Alicia, unha rapaza en construción da súa identidade.
A actividade, impulsada pola Concellaría de Cultura dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, volveu conectar Ares coa mellor mostra do teatro galego.
Foi unha tarde para gozar da cultura e pensar sobre os retos dos mozos e mozas do noso tempo, apostando por facilitar o acceso á arte de toda a veciñanza da vila.
Velaquí algunhas imaxes desta xornada cultural!