A veciñanza aresá gozou dunha xornada lúdica en Lugo participando nunha das festas máis emblemáticas de Galicia ao longo deste venres pasado, no marco da saída que programou a Concellaría de Igualdade e Benestar fletando un par de buses cara a urbe lucense.
Durante o día, houbo tempo para pasear polas rúas cheas de ambiente, visitar o mercado de artesanía, saborear os pratos tradicionais nas casetas do recinto feiral co seu polbo coma receita estrela e deixarse levar pola música e a alegría da celebración.
Unha viaxe promovida polo Concello para facilitar desprazamentos a actividades e programacións de lecer!