As risas e as palabras resoaron onte na Alianza Aresana co último espectáculo que acolleron as súas instalacións, ‘Onde nace a lingua’, de Marta Ortiz, un xeito de aprender e traballar cos fonemas e musicalidade propia da lingua galega.
A actividade fixo que nenos e nenas xogasen co son e coa palabra a través de adiviñas, trabalinguas e contos rimados, descubrindo o poder da xestualidade e da música para contar historias.
Cancións de mans, contos con lingua de signos e moita participación dos máis pequenos e das súas familias fixeron desta proposta un bo encontro coa creatividade e coa lingua galega.
Unha proposta organizada pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.