Martín Rodríguez Sanjuán, exemplo de dedicación e orgullo aresán!

Comparte esta nota de prensa

A boa nova chegoulle a semana pasada en Santiago de Compostela: o veciño de Ares Martín Rodríguez Sanjuán foi recoñecio co Premio Ángela Ruiz Robles á excelencia académica no curso 2023-2024 polo seu expediente no Grao en Economía da Universidade da Coruña.

Con el e Nuria Mahía Escudero, tamén galardoada con este premio, a vila e a súa mocidade teñen xa dous bos exemplos do que supón o espírito de traballo e o compromiso cos estudos, sabendo que é un proceso, o da excelencia académica, marcado pola superación persoal e a constancia.

Noraboa, Martín, polos teus éxitos!! E por ser un novo #orgulloaresán.  

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

O SendAres explora a beleza natural do río Sor

O programa municipal de sendeirismo SendAres 25-26 levou aos seus participantes ata o concello de Mañón para descubrir un dos enclaves máis fermosos e salvaxes do