Mañá, 4 de novembro, non haberá servizo de recollida de lixo por parte da empresa responsable do tratamento dos residuos por mor da celebración de San Martín de Porres, patrón das persoas que traballan no sector da limpeza.

Establécese un servizo mínimo de limpeza viaria de un (1) operario que realizará as tarefas de varrido nas zonas de maior tránsito.

A recollida retomarase co seu horario habitual o mércores 5 de novembro.

Agradecemos a comprensión e a colaboración da veciñanza.