Un pavillón municipal cheo para desfrutar do baile

Comparte esta nota de prensa

O I Trofeo de Baile Deportivo Concello de Ares e o Campionato Galego de Danza Coreográfica encheron as gradas do pavillón da vila cunha veciñanza ben disposta a gozar do espectáculo que propuxeron os e as bailaríns.

O Club de Baile Deportivo Narón escolleu Ares como a súa sede para as dúas competicións, e a resposta non puido ser mellor!

A Concellaría de Cultura estendeu o seu agradecemento tanto ao club, pola organización da xornada xunto co Concello, como a Protección Civil de Ares polo seu traballo de coordinación.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.