O Concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 13.500,00 €  dun proxecto que ascende a 15.000,00 €, ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975U), para a continuar coa adquisición de catro punto limpos de proximidade cun formato de mobiliario urbano de proximidade que permita chegar dun xeito cercano á cidadanía para unha tipoloxía de residuos de pouco volume.

Amósase o cartel acreditativo da publicidade da financiación recibida:

Preténdese como obxectivo continuar coa mellora da xestión de residuos altamente contaminantes xerados por particulares, de difícil recollida e xestión, mediante a colocación de contedores específicos e a mellora da concienciación da cidadanía a través do uso dos paneis publicitarios dos mesmos. Máis especificamente, os obxectivos son:

  • Fomentar a recollida selectiva específica e separación en orixe de diversos residuos de índole perigosa.
  • Involucrar ao usuario na labor de reciclaxe aproveitando a información explicativa das bocas para que saiban exactamente que se fai con cada residuo.
  • Potenciar a recollida selectiva de residuos perigosos e de difícil tratamento, como pilas, lámpadas, RAEEs, etc… grazas á súa proximidade ao cidadán.

 

A esta función educativa e de concienciación tamén contribúe permanentemente o propio deseño das bocas de inserción de cada residuo, dando unha explicación detallada do tratamento dos materiais recollidos no Punto Limpo de Proximidade.