Informamos de que, por motivos de reestruturación e coordinación da programación cultural municipal, a presentación do conto infantil ‘La tortuga Tomasa y el erizo Narciso’ pasa a celebrarse o vindeiro venres, 6 de novembro, mantendo o mesmo horario e emprazamento.
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Cultura, convídate a descubrir esta obra da autora Teresa Cal Baudot, con ilustracións de Daniel Estandía e editada por Apuleyo Ediciones.
Unha entrañable historia dirixida aos máis pequenos da casa e ás súas familias que nos fala de amizade, convivencia e empatía a través de dous personaxes moi especiais.
Toma nota dos datos actualizados:
- Data: Venres, 6 de novembro
- Hora: 19:30 h
- Lugar: Biblioteca Municipal de Ares
- Público: Infantil e familiar
- Acceso: De balde (ata completar aforo)
Agardámoste o venres para compartir unha tarde diferente arredor dos libros e a literatura infantil!


